evento

Auga e viño na feira de Verín

presenta_result
photo_camera Emilia Somoza, Gerardo Seoane, Lara Da Silva e Purificación Caldelas.

No certame, entre os postos das bodegas, figurará un co líquido elemento dos mananciais locais

A décimo terceira edición da feira do viño de Verín (12+1 como adoita chamarche a presidenta do Consello Regulador da Denominación de Oire, Lara Da Silva) terá este ano un máis que destacado convidado: a auga. No evento que terá lugar o vindeiro fin de semana do día 10 de agosto, o líquido elemento misturarase entre os postos das 16 bodegas participantes nesta nova oportunidade para coñecer os viños da comarca, xa que os visitantes poderán degustar as augas dos diferentes mananciais da vila "recén extraidas dos mesmos, e conservando todas as súas propiedades mineiromedicinais intactas", explicou o alcalde Gerardo Seoane.

A praza da Alameda acollerá esta cita vitivinícola, que tamén contará con casetas gastronómicas con produtos da zona, "co obxecto de seguir unindo viño e gastronomía", afirmaban onte os organizadores na rolda de presentación dos actos.  O horario de apertura das casetas será o seguinte: venres 10, de 20,00 a 23,00  horas; sábado 11, de 11,30 a 14,00  horas e de 20,00 a 01,00  horas, e o domingo 12 de 11,30 a 14,00  horas e de 19,00 a 23,30  horas. Os prezos manteranse idénticos aos anos anteriores, 5 degustacións por cinco euros e unha copa personalizada da D.O. por dous euros. Nesta edición o pregoeiro será Castor Gago Álvarez, xefe de Extensión Agraria en Verín e un dos maiores impulsores da Denominación de Orixe de Monterrei. Despois do mesmo, tras o percorrido das autoridades polas casetas participantes, a exaltación da Denominación de Orixe Monterrei continuará na igrexa da Mercé de Verín, onde se procederá á imposición de medallas aos novos membros da Confraría dos Viños de Monterrei. A reivindicativa cantante galega Sés será o grande atractivo musical do domingo.

Te puede interesar