TERMALISMO

O auguismo levou a tres mil visitantes a Verín en 20 días

toma_augas_result
photo_camera Un visitante recorre o pack do auguista durante a súa visita ó manantial de Fontenova.

Neste tempo foron dispensados 65 diplomas gratuitos acreditativos de "embaixador das augas".

Dende que o auguismo regresou á vila de Verín hai apenas 20 días, 3.140 persoas visitaron os tres mananciais verinenses (Cabreiroá, Fontenova e Sousas). Da mesma maneira, neste período de tempo foron entregados sesenta e cinco diplomas acreditativos de "embaixador das augas de Chaves-Verín". Coa recente apertura de Fontenova, as tres fontes tradicionais de Verín xa se atopan en pleno funcionamento e integradas na rota da auga da Eurocidade Verín-Chaves, proporcionando asistencia médica, pack do auguista e diploma acreditativo. 

Grazas ao financiamento da Eurocidade, abren todos os días da semana, en horario de 8h a 14h e de 18h a 20h, con presenza orientativa de especialistas e distribución do pack, que inclúe unha guía certificada sobre as propiedades das augas, un vaso encartable para tomar as augas durante o percorrido e o diploma acreditativo de "embaixador das augas de Chaves-Verín", que servirá para promocións e sorteos.

O funcionamento do pasaporte é sinxelo. Entrégase de maneira gratuíta en calquera oficina de turismo da Eurocidade e consiste nunha guía de viaxe na cal, os turistas que así o desexen, irán gravando os selos que certifican o paso polas distintas fontes . Isto permitirá, ao final do percorrido, recoller o diploma.

A Ruta Termal e da auga percorre, ao longo do río Támega, múltiples mananciais. As augas de Verín son referencia histórica e levan décadas envasándose para se comercializar en mercados cada vez máis amplos. Menos coñecido fóra do val de Monterrei, pero máis popular para os verineses, cabe sinalar tamén a “Fonte do Sapo”. En Chaves súmase a Fonte do Povo, cuxas súas augas hipertermais alimentan unha tradición de turismo de benestar que se remonta aos tempos dos romanos. Finalmente, as fontes de Vidago conseguiron atraer o máis selecto da sociedade europea de comezos do século XX.

Neste contexto, o tenente de alcalde de Verín, Diego Lourenzo, resalta o feiro de que "os conxuntos históricos de Verín e Chaves presentan un excelente estado de conservación e son perfectamente abarcables mediante percorridos peonís".

Te puede interesar