cultura

A Biblioteca local lembrará un ano máis a figura de Taboada Chivite

Taboada_result
photo_camera Imaxe do cartel das xornadas.

O local proxectará un documental a partir das 19,30 horas

Hoxe e mañá a Biblioteca Municipal de Verín volve, un ano máis, a lembrar a figura de Xesús Taboada Chivite. Nesta ocasión será coa proxección do documental "Don Xesús Taboada Chivite", ás 19,30 horas, filme dirixido por Pío García e con guión de Fran Zabaleta. Foi realizado pola Fundación Lois Peña Novo, a Secretaría Xeral de Política Linguística da Xunta de Galicia e Pío García Servizos Audiovisuais.

O rematar o visionado do documental, a Biblioteca Municipal inaugurará a sala de estudos locais, onde se formalizará por escrito a acta de doazón da biblioteca persoal de Don Manuel Taboada Cid, por parte da súa viúva Dona María Nieves de Paula Pombar.

Te puede interesar