OCIO

A biblioteca de Verín organiza unha sesión de “Contos da neve"

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos socios, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos

O venres 13 de xaneiro, de 18,00 a 19,30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín organiza a sesión de contacontos e manualidades “Contos da Neve”, no marco da programación de actividades destinadas ao fomento da lectura e dinamización nesta instalación. 

A mesma está destinada a un máximo de 20 nenos socios, con idades comprendidas entre os 3 e 9 anos. Consistirá na realización de contacontos do inverno e da neve, e unha manualidade. A actividade será coordinada por nenos voluntarios e persoal da biblioteca.

Te puede interesar