O BNG de Oímbra reclama máis limpeza na rúa do Piñeiro

Para a alcaldesa popular, "no municipio de Oímbra existen moitas outras prioridades antes que se preocupar de limpar unha rúa na que non vive ninguén". 

A concelleiras do BNG do Oímbra veñen de denunciar, no anterior pleno, "a lamentable situación e o noxento estado" no que se atopa a céntrica rúa do Piñeiro. Xa que logo, solicitan ao consistorio que se comprometa a "limpar o vial no menor intervalo de tempo posible para libralo de maleza e cascallos que perxudican o paso".

A concelleira nacionalista, Perfecta Losada, cre que a situación da rúa afecta negativamente á imaxe da vila e que urxe a súa limpeza pois "non pode persistir ese abandono por parte do goberno municipal".

Por contra, a rexedora de Oímbra, Ana María Villarino, escúsase afirmando que "non existe ningunha vivenda habitada que dea cara a rúa do Piñeiro". Recoñece o mal estado do vial e confirma que se limpará, pero "todo no seu debido momento". 

Para a alcaldesa popular, "no municipio de Oímbra existen moitas outras prioridades antes que se preocupar de limpar unha rúa na que non vive ninguén". 

Te puede interesar