audiovisual

Bocixa grava un documental cos alumnos do CEIP de Vilardevós

bocixa_result
photo_camera O cineasta, na gravación.

A peza que nos vindeiros días montará Bocixa será exhibida na xornada de confraternización que terá lugar o 23 de maio con alumnos dos outros centros académicos participantes no programa de sensibilización e recuperación dos montes queimados

Os alumnos do colexio público de Vilardevós Rodolfo Núñez participaron onte dunha xornada especial. O músico, xornalista e cineasta Xosé Bocixa, fundador do grupo Zënzar, desprazouse ata o centro escolar para gravar un vídeo documental no que os escolares seguiron o guión escrito pola poeta ourensán e directora do CEIP, Rochi Nóvoa. 

A peza que nos vindeiros días montará Bocixa será exhibida na xornada de confraternización que terá lugar o 23 de maio con alumnos dos outros centros académicos participantes no programa de sensibilización e recuperación dos montes queimados emprendido dende Vilardevós da man de Rochi Nóvoa. Nel, ademais das conferencias que impartiron os técnicos do Distrito Forestal, os alumnos enviaron centos de sementes a outras escolas da comunidade para contribuír na reforestación programada logo dos lumes de outubro.

Te puede interesar