MÚSICA

O cantautor de Riós Emilio Rúa presenta o día 21 novo disco, Duetos

er_2_result
photo_camera O músico ourensán Emilio Rúa.

A presentación terá lugar no Gaiás e contará ca presenza de Víctor Manuel e a cantante Rosa Cedrón

Emilio Rúa presentará o seu novo disco, Duetos, este venres 21 de setembro no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura. Trátase dun disco gravado a dúo con dezaseis grandes nomes da música, como Pablo Milanés, Víctor Manuel, La Shica, Javier Álvarez, Rebeca Jiménez, Carmen París, Josele Santiago, Rozalén, Carlos Goñi, Vicky Gastelo, Soledad Giménez, Rosa Cedrón, Javier Ojeda, Mercedes Ferrer, Luis Pastor e Dolo Beltrán.

Na presentación do seu oitavo álbum no auditorio da Cidade da Cultura contará coa presenza de Víctor Manuel, Rosa Cedrón e Vicky Gastelo.

Emilio Rúa atópase na plenitude da súa madurez musical. Nestes últimos anos, en paralelo a súa actividade musical en directo, estivo traballando nun disco que colmará as expectativas dos seus seguidores e descubrirá ao compositor e artista de Riós para aqueles que aínda non o coñecen.

Segundo o autor, este disco é un paso moi importante na súa carreira e tamén para a música galega, "pois leva a artistas moi importantes do panorama estatal e internacional a cantar comigo en galego de forma maioritaria".

En palabras do ourensán, este traballo é "un punto e aparte, neste momento no que cumpro a maioría de idade editando discos e compondo cancións", dixo Rúa.

Te puede interesar