ACTIVIDADES DE VERÁN

Castrelo do Val inaugura o seu programa de conciliación

Todas as actividades e obradoiros que se ofertan no programa farán uso das instalacións públicas, como o colexio, a biblioteca, o centro multiusos do Terrón e a piscina municipal.

O Concello de Castrelo do Val ven de pór en marcha o seu programa de actividades para a conciliación familiar denominado "Pedra alta". O proxecto, no que participan cativos de entre 4 e doce anos, pretende facilitar a labor de pais e nais durante a época estival, ofrecendo, por unha cota de 36 euros mensuais por inscrito, a posibilidade de que os rapaces participen nas actividades de ocio previstas por dúas coidadoras.

Todas as actividades e obradoiros que se ofertan no programa farán uso das instalacións públicas, como o colexio, a biblioteca, o centro multiusos do Terrón e a piscina municipal. Ao longo do verán, os rapaces poderán ir á piscina e realizar actividades deportivas, aprenderán educación viaria, ciencia, medio ambiente e mesmo terán un oco para o inglés. Non faltará espazo para a arte e a cultura (poseía, cine, teatro, música e baile) e mesmo realizarán excursións polo Concello. 
 

Te puede interesar