Catro concellos poñen en marcha un obradoiro de emprego

Os alumnos repartiranse de xeito que  interveñan catro por cada concello, segundo se estableceu nun acordo entre os cinco rexedores.

A vindeira semana comezarán a traballar os alumnos, monitores e directores do Obradoiro de Emprego mancomunado entre os concellos de Monterrei, Castrelo do Val, Laza e Oímbra. O obradoiro, para o que xa está a selección feita dos alumnos, monitores e directores, conta con dous módulos, un de albanelería e outro de medio ambiente e xardinería. 

As labores a realizar distribúense segundo as necesidades de cada municipio. No caso do concello de Monterrei, segundo informa o seu rexedor, José Luis Suárez, "reformaremos unha vella casa que adquiriron os veciños da parroquia de San Cristovo para rehabilitala e convertila en local social, previa cesión ao consistorio". Tamén se realizarán traballos na área recreativa da Pousa No municipio de Cualedro investirán as labores do Obradoiro en rehabilitar e poñer en valor uns castros ubicados na zona. O resto de concellos parte deste programa realizarán rehabilitación sde edificios para uso público, así como mantemento e conservación de zonas verdes. 

Os alumnos repartiranse de xeito que  interveñan catro por cada concello, segundo se estableceu nun acordo entre os cinco rexedores. O Obradoiro durará seis meses nos que "contamos con que sexa tempo suficiente para levar a cabo as diferentes actuacións que se programaron en cada un dos municipios", sinala Suárez. 

Te puede interesar