O Centro da Castaña de Riós mostra a súa renovada cara

visita_rios_02_result
photo_camera Rafael Sánchez, Nava Castro, Francisco Castro e Silvia Dorado.

a produción da castaña neste municipio rolda o 30 por cento do que se produce en Galicia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; a secretaria territorial da Xunta en Ourense, Silvia Dorado, e o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, acompañados polo alcalde de Riós, Francisco Veiga, visitaron onte o albergue e Centro de Interpretación da Castaña de Riós, un edificio que foi renovado recentemente en parte das súas instalacións ao abeiro dun acordo entre Turismo de Galicia e este concello ourensán. 

Froito deste acordo realizáronse no albergue e Centro de Interpretación, situado na Vía da Prata, obras de renovación e reparación da cuberta e da carpintería exterior. Tamén se realizaron traballos de adecuación interior debido á detección de problemas de humidades e filtración de auga da choiva, unha obra total que contou cun investimento de preto de 60.000 euros.

"Sen dúbida, trátase da adecuación dun espazo para uso turístico, que incrementará a oferta cultural e, polo tanto, o atractivo desta localidade como destino e coa que queremos que, xunto coa Festa da Castaña e do Cogumelo, se continúe dando a coñecer este produto da gastronomía galega e atraendo turistas entorno a este recurso endóxeno", explicou a directora de Turismo de Galicia.

Como recordou Castro esta infraestrutura é o resultado dunha eficaz rehabilitación da antiga casa reitoral desta parroquia de Trasestrada que dá a coñecer todo o referente á castaña, un recurso fundamental para a comarca. De feito, a produción da castaña neste municipio rolda o 30 por cento do que se produce en Galicia, converténdoa na "localización idónea" para este centro de interpretación.

Te puede interesar