ENTROIDO VILARDEVÓS 2018

Os Chocalleiros animaron Vilardevós dende primeira hora da tarde

<p></p>
photo_camera ¿Alguien duda del futuro de Os Chocalleiros en Vilardevós a la vista de esta imagen?

Ademais tivo lugar a lectura do testamento e a saída da loura, rematando cunha cea, unha queimada e moita música

A asociación cultural Os Chocalleiros de Vilardevós viviu onte o día grande do seu Entroido. A figura típica da localidade (os chocalleiros) sairon ás 15,30 horas para animar o desfile, que comezou unha hora despois nas inmediacións do campo de fútbol. As comparsas estiveron escoltadas polo grupo de bombos O Trebón do Mildeu, de Albarellos (Monterrei).

Ás seis, na praza do Cruceiro houbo baile co grupo Sabrosito, seguida da lectura do testamento e a saída da loura. Ás oito tivo lugar a baixada do bruxo e os fachóns, desde o colexio Rodolfo Núñez. Acompañounos a agrupación Os Bateladas, de Portugal.

Logo da queimada e da cea (os restaurantes ofreceron menús de entroido por 15 euros) volveu a soar o grupo Sabrosito.

Foi o día grande do programa das celebracións de Don Carnal des te ano, que comezou o domingo co seu particular corredoiro (o día 4) e a saída dos chocalleiros xa pola mañá cedo. O día 8 foi a cea das comadres da vila (na Casa da Cultura), amenizada tamén polo grupo de música Sabrosito.

Te puede interesar