formación

O Claustro Mercedario ábrese a un curso de catas

Será impartido polo enólogo Luis Padín, director da Guía de Viños de Galicia, e extenderase ata mañá sábado pola mañá.  

O Museo Claustro Mercedario de Verín acollerá entre hoxe venres e mañá sábado o segundo curso de cata promovido na vila pola Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED). Nesta ocasión a formación centrarase nos brancos de Monterrei poñéndoos en relación cos grandes caldos de Europa. Asimesmo, nos talleres realizarase "unha viaxe" polas grandes rexións vitivinícolas internacionais, entre elas, a propia Galicia, Chablis, Maconnais, Mosel, Vouvray, Soave, Graves ou Alsacia. 

Nesta fin de semana o curso, que se celebrará na Aula Magna do Colexio dos Mercedarios, será impartido polo enólogo Luis Padín, director da Guía de Viños de Galicia, e extenderase ata mañá sábado pola mañá.  

Ao longo deste ano e o vindeiro, a Universidade, en colaboración co museo, promoverá ata 10 formacións similares nas que se analizará a idiosincrasia milenaria da producción de Monterrei, en relación co contexto enolóxico mundial. 

O curso de cata, denominado "De Monterrei ao mundo", gozou dunha importante demanda no momento no que se abriu o prazo de matrícula. Neste senso, preto de 90 persoas enviaron as solicitudes para poder participar nas sesións, polo que xa se contempla unha reedición o vindeiro ano.

O seguinte curso realizarase en decembro e nel se abordará o "champange" e o cava.

Te puede interesar