MONTERREI

O Club da Calceta recauda mil euros para alimentación infantil

photo_camera Stand que presentou o Clube da Calceta durante a recente celebración feiral.

Vendeu artigos doados polos seus membros durante a recente Feira do Lázaro de Verín 

O Clube da Calceta, entidade que está encadrada dentro da Escola de Familia Municipal de Verín, recadou máis de mil euros a través dunha iniciativa solidaria que desenvolveron durante a recente Feira do Lázaro celebrada en Verín e que destiñarán a adquisición de alimentos infantís. Para levar a cabo a iniciativa, o Clube contou con un stand no recinto feiral atendido polas integrantes da entidade, que se encargaron da montaxe e exposición dos productos no recinto feiral, así como da súa venda ao público.

Froito do esforzo e dedicación das voluntarias, o Clube conseguiu recadar un total de 1.006 euros, que serán destiñados á adquisición de productos de alimentación infantil, un labor que foi agradecido polo Concello de Verín, quen resaltou o traballo altruista desenvolvido.

O Clube da Calceta atópase enmarcada dentro da Escola de Familia Municipal de Verín. Naceu en decembro de 2013 coa finalidade de ser un lugar de encontro entre personas interesadas na aprendixase da calceta e en compartir este labor tradicional.

Te puede interesar