Ocio

Os comerciantes de Verín buscan dinamizar a vila cun campamento

Para participar será preciso hacerse con tickets de compra nos diferentes establecimientos asociados a Aever

Un ano máis, os comerciantes da vila de Verín volven a convocar á cidadanía e aos seus cativos ao campamento urbán que terá lugar os vindeiros 21, 22, 23 e 24 de agosto, entre as seis da tarde e as nove da noite. Ao acto de presentación acudiu o tenente de alcalde, Diego Lourenzo; o presidente da asociación de empresarios e comerciantes de Verín, Santos Álvarez, e o xerente desta última, José Ángel Rodicio. A finalidade desta iniciativa é dinamizar o mercado verinense e, ao mesmo tempo, axudar a que os clientes dos establecementos adscritos a Aever poidan facer as súas compras mentres os seus fillos se divirten no campamento.

 

 

Entre as actividades das que disfrutarán os cativos e as cativas estará un rocódromo xigante de 8 metros, unha ghymkhana fotográfica e outra de obstáculos, un toro mecánico, un simulador de tablas de surf, unha festa da escuma, inchables e xogos interactivos.

A idade mínima para participar é de 7 anos e as inscricións faranse o 21 de agosto, ás 16,30 horas nunha carpa que se instalará na Praza do Concello.

Te puede interesar