ENTROIDO

Os Compadres dan paso á festa máis desexada en Verín

GHGHGFGFGFFG
photo_camera El Maragato espera en una calle a que los compadres lo lleven a la hoguera.

Centos de homes cearon e percorreron as rúas da vila, preludiando ás mulleres, que sairán de xeito multitudinario o vindeiro xoves día 23

Na noite de onte, concretamente ás 23,30 horas, arrancou o que poida que non sexa o Entroido máis longo do planeta pero si un dos máis intensos en actividade. Os Compadres deron os pistoletazo de saída, que terá no vindeiro xoves outro dos seus días álxidos, o de Comadres. Tras as típicas ceas nos restaurantes da localidade, os Compadres percorreron, ataviados cos seus característicos chapeus, bigotes e gabardinas, as rúas Montemaior (saída), Praza Maior Cruz, Praza da Mercé, Laureano Peláez, Irmáns Moreno, Deputación, Luís Espada, Lisa e Praza Maior, onde, entre o estrondo dos petardos, celebraron o xuízo e a queima do Maragato.
A charanga Támega e a Banda de Gaitas do Concello de Verín foron  os responsables de acompañar ao carro do Maragato que conduciu aos compadres polas céntricas rúas de Verín. A festa rematou na Praza Maior con Disco-Móvil Jorge.

Onte tamén foi día de presentacións, porque o Concello fixo público a entrega de 600 postais de franqueo prepagado na estafeta local de Correos e na tenda oficial de García Barbón, nas que os verinenses e tamén foráneos poderán ensinar polo mundo o orgullosos que poden chegar a estar do seu carnaval. A partir de mañá, 600 unidades desta postal -que inclúe o franqueo tarifa A, válido para calquera punto de España-, estarán dispoñibles por 2 euros. Os establecementos comerciais interesados na distribución deste produto poden informarse na devandita tenda oficial.Para utilizar esta postal non fai falta máis que escribir ao destinatario e depositala en calquera oficina e/ou caixa de correos. Ao incluír o franqueo, resultan moi cómodas para poder remitir sen necesidade de comprar selo. 

Te puede interesar