cultura

A compañía arxentina "MDM" ofrecerá "La enferma por amor"

A peza teatral é unha nova creación que se poderá disfrutar no Auditorio Municipal de Verín o vindeiro sábado, 2 de febreiro

A agrupación teatral "MDM", representará o sábado, día 2 de febreiro, a obra teatral "La enferma por amor" no Auditorio Municipal de Verín. 

O obxectivo da agrupación con esta nova creación, inspirada na comedia homónima de Carlo Goldoni, é achegar o teatro a todos os públicos. "MDM" volve a traballar a dramaturxia nesta peza teatral á que se poderá asistir logo de mercar as entradas que xa están dispoñibles en ataquilla.com. 

A compañía fundouse no ano 1995 en Buenos Aires (Arxentina) e está dirixida por Daniel Vignolo e Mauricio Alvera. Leva máis de dúas mil representacións a nivel nacional e internacional de maneira itinerante. 

No 2005 a compañía trasladouse a España, patrocinada pola Embaixada da República Arxentina e coa comedia "En el andén" de Ernesto Frers, que tivo un grande éxito secundado polo público e pola crítica especializada. 

"La enferma por amor", que se poderá disfrutar en Verín, conta a historia de Lucrezia, filla do comerciante Pantalone e namorada do doutor Onesti. Por este motivo, finxe todos os días estar enferma para poder visitalo. Sen embargo, outros médicos poderían perxudicar a súa saúde.

Te puede interesar