VERÍN

O Concello abre os actos do día mundial do Alzhéimer

Hoxe terá lugar a proxección da película "Y tú ¿quien eres?" 

O Concello de Verín vén de unirse aos actos de conmemoración do día mundial da enfermidade do Alzhéimer cun amplo programa de actividades. Así, hoxe, dende as 20 horas, terá lugar a proxección da película “Y tú, ¿quien eres?” ( 90', Antonio Mercero, España) na Biblioteca Pública de Verín. Unha historia chea de amor e tenrura onde se narra a historia de Ricardo, un home de idade deixado pola súa familia durante as vacacións do verán nunha residencia baixo a vixilancia tamén da súa neta Ana, e o cal empeza a ter os primeiros síntomas do Alzhéimer. Unha película moi cercana e real como a vida mesma. O filme estará presentado por persoal do Centro de Saúde.


O día 23, e en colaboración co Centro da terceira idade, farase unha soltada de globos coas cores do Alzhéimer, lila e branco, e repartiranse folletos e panfletos divulgativos con información da enfermidade. O 1 de outubro, sábado ás 8 da tarde e no Salón de Actos do Colexio Mª. Inmaculada, levarase a cabo a obra de teatro dirixida a todos os públicos “Un avó especial”. Presentada e interpretada pola compañía Migallas Teatro.

Te puede interesar