LUCHA CONTRA EL FUEGO

O Concello de Laza aproba un plan contra incendios

photo_camera A Retorta, un dos pobos revisados polo Concello de Laza para o plan de prevención de incendios.

Vén de identificar máis de 2.500 parcelas de risco en todo o municipio

O Concello de Laza vén de aprobar en pleno un plan especial contra os lumes pioneiro na comarca e co que se pretende previr que unha hipotética vaga de incendios acabe protagonizando esceas como as que aconteceron no pasado mes de outubro en Carballeda de Avia. Segundo confirmou o rexedor municipal, José Ramón Barreal Novo, "durante todo o 2017 identificáronse máis de 2.500 parcelas en todos os pobos do municipio, logo de establecer un perímetro de seguridade de 20, 30 e 50 metros". Cada un dos predios foron rexistrados e os seus titulares identificados, ademáis do comprobar o estado que presentaban. O plan rematará coa publicación, en cada un dos núcleos, dunha planimetría que recolla todas as propiedades de cada unha das localidades, cos seus propietarios referenciados e aquelas que terán a obriga de executar a súa limpieza antes do vindeiro mes de maio, explican dende o Concello de Laza. 

Polo de agora, os diferentes planos de cada unha das aldeas do municipio nos que se fixaron eses perímetros de seguridade están expostos ó público antes de que sexa aprobado o documento de xeito definitivo. 

Unha vez que entre en vigor, os propietarios terán ata o mes de maio para executar os traballos de adecentamento das súas propiedades. No caso de non executar os traballos recomendados para garantir a seguridade e integridade dos bens e das persoas desa localidade, o Concello actuará de oficio procedendo ó seu desbroce con medios propios para logo facturar ó titular as actuacións executadas e a sanción económica establecida.

Te puede interesar