CONCELLO

O Concello de Riós incorpórase ás bases xerais de contratación da mancomunidade

O periodo de duración e vixencia destas bases reguladoras será de catro anos prorrogables automáticamente

O Concello de Riós disporá de Bases de Contratación específicas para o persoal temporal co obxectivo de levar á práctica os principios de igualdade, mérito e capacidade  na contratación pública de persoal. Por este motivo, o municipio ven de adherirse ás Bases de Contratación do persoal laboral da Mancomunidade de Verín, logo das fructíferas negociacións entre a administración local e o sindicato da CIG, dende onde calificaron o feito como unha "moi boa nova" para os cidadáns da zona xa que, deste xeito, "os postos de traballo que oferte o Concello cumprimentarán o dereito de todos os veciños a participar nos procesos en condicións de igualdade". 

O acordo foi adoptado previamente nun pleno que tivo lugar no Concello de Riós o pasado 21 de decembro, e vén de ser ratificado trala súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. Os municipios de Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra e Vilardevós compartirán, a partir de agora, os trámites administrativos nunha concorrencia laboral -faltaría por incorporarse o concello de Castrelo do Val-.

O obxectivo destas bases será regular todos os procesos selectivos de persoal que deban convocar a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín e as localidades citadas. Asimesmo, por medio delas serán regulados os procesos selectivos de persoal de todas as entidades públicas, empresas públicas, consorcios, asociacións ou calquera figura societaria na que as entidades locais vinculadas por estas bases teñan unha participación maioritaria. 

O periodo de duración e vixencia destas bases xerais será de catro anos prorrogables.

Te puede interesar