ENTROIDO

O Concello de Verín abriu a tenda oficial do Entroido da vila

O espazo estará aberto en horario de 12,00 horas a 14,00 horas, pola mañá; e de 17,00 horas a 21,00 horas, pola tarde.

O Consistorio verinés abriu esta semana a tenda oficial do Entroido de 2019. Estará ubicada na praza de García Barbón e o seu obxectivo non será outro que o de recadar fondos para financiar os festexos. O espazo estará aberto en horario de 12,00 horas a 14,00 horas, pola mañá; e de 17,00 horas a 21,00 horas, pola tarde. Todos os amantes do Entroido, veciños e turistas poderán facerse cun recordo da festa máis coñecida de Verín, en forma de sudadeiras, camisetas, panos, bragas de pescozo, cuncas e chapas. Todos estes produtos levarán o emblema identificativo do Entroido 2019. Os prezos oscilarán entre os seis euros e os 16 euros que costarán as sudadeiras.n

Te puede interesar