MÚSICA

Concerto didáctico dos alumnos do conservatorio de Verín

A inscrición para o vindeiro curso estará aberta ata o día 15 de xuño e poderana formalizar os nenos entre 8 e 14 anos

Concerto didáctico dos alumnos do conservatorio de Verín

O venres día 26, ás 19,00 horas, profesores e alumnos do Conservatorio Elemental de Música de Verín ofrecerán un concerto didáctico, enfocado a nenos entre 6 e 14 anos, acompañados de familiares ou adultos. Profesores, alumnos, o Grupo de Corda e a Banda do Conservatorio de Verín interpretarán temas populares, clásicos e infantís, presentando os instrumentos que ofrece o centro. O Conservatorio Elemental de Música de Verín forma en clarinete, frauta travesera, guitarra, piano, saxofón, trompeta, trombón, viola e violín a persoas que comecen estudos entre os 8 e os 14 anos.Para os de 7 anos ofrece un Curso de Fundamentos Musicais. Para os de 6, un Curso de Música para os máis pequenos. A entrada será libre, ata completar aforo. A inscrición para acceder á formación oficial (alumnado entre 8 e 14 anos) está aberta até o 15 de xuño.