obras

Conclúe a rehabilitación da adega de As Barrocas

lagar_oimbra_result
photo_camera Manuel Baltar, á dereita, coa alcaldesa, Ana Villarino, coñecendo o resultado das obras en As Barrocas.

A achega de máis de cen mil euros por parte da Axencia de Turismo de Galicia convertiu unha vivenda abandoada e doada polos seus propietarios ó patrimonio municipal nun recinto no que se acollerán, logo da súa inauguración, varias actividades de potenciación turística

A Concello de Oímbra concluíu as obras de rehabilitación do que pretende ser o primeiro centro de interpretación da cultura do viño da comarca de Monterrei, na coñecida como adega das Barrocas. A achega de máis de cen mil euros por parte da Axencia de Turismo de Galicia convertiu unha vivenda abandoada e doada polos seus propietarios ó patrimonio municipal nun recinto no que se acollerán, logo da súa inauguración, varias actividades de potenciación turística do sector vitivinícola do Concello e da periferia, contando co apoio do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei e da súa presidenta Lara Da Silva. 

Segundo confirmou a alcaldesa, Ana María Villarino Pardo, "só resta prantar o viñedo nos terreos do recinto e algunha árbores, que se fará, previsiblemente, en marzo", asegurou. 

Nese mesmo mes está previsto que se organice unha andaina polas rutas dos lagares rupestres do municipio que terá como punto de partida e tamén de chegada para unha posterior sesión de avituallamento a adega das "Barrocas".

Te puede interesar