fuego

Controlado o incendio forestal de Verín

Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie dunhas 100 hectáreas de terreo forestal e agrícola, a maior parte delas de raso

A Consellería do Medio Rural informa do control do incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Verín, parroquia de Feces de Cima. O lume quedou controlado ás 09,00 horas desta mañá e afectou, segundo as últiimas estimacións, unha superficie de arredor de 100 hectáreas, contabilizando tanto o terreo forestal como o agrícola. A maior parte delas –unhas 90– foron de raso.

Este incendio comezou ás 17,16 h. de onte e quedou estabilizado ás 22,50 h. No seu control traballaron 1 técnico, 9 axentes, 18 brigadas, 6 motobombas, 2 pas, 9 helicópteros e 4 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Te puede interesar