Lumes

Controlado o incendio de Vilaza, en Monterrei

O lume iniciouse ás 17,54 horas do mércores e afectou a unha superficie de 126,15 hectáreas

A Consellería do Medio Rural informou de que ás 20,15 horas desta tarde quedou controlado o incendio forestal rexistrado na parroquia de Vilaza, no concello de Monterrei.

O lume iniciouse ás 17,54 horas do mércores e afectou a unha superficie de 126,15 hectáreas, das cales 113,55 son de raso e o resto de arborado. Para controlar este lume traballaron 2 técnicos, 31 axentes, 61 brigadas, 22 motobombas, 2 pas, 13 helicópteros e 5 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Te puede interesar