CRÍTICAS

Críticas ó salario e condicións dos sanitarios do PAC de A Gudiña

A sección provincial do sindicato de enfermaría Satse entende que os profesionais aos que representan "traballan nunhas condicións económicas e laborais totalmente precarias"

Críticas ó salario e condicións dos sanitarios do PAC de A Gudiña

A sección provincial do sindicato de enfermaría Satse vén de criticar o suposto maltrato que recibe o persoal do punto de atención continuada de A Gudiña, cando éste presta labores de garda localizada, é dicir, sen estar presentes no centro sanitario pero si dispoñibles para emerxencias. Entenden dende o colectivo de enfermeiros, que os profesionais aos que representan "traballan nunhas condicións económicas e laborais totalmente precarias, onde por arredor de 6 euros netos á hora teñen que dispoñer de vehículo propio para atender á poboación, pagándolle a metade do salario que perciben os sanitarios que prestan servizos de garda dos PAC".