CONCELLOS

Cualedro e Oímbra mobilizan 5.300 hectáreas de solo rústico

nota2_result
photo_camera A reunión tivo lugar no Concello de Cualedro e presidiuna o seu alcalde.

as terras, no seu momento, foron obxecto de concentracións parcelarias pero a día de hoxe están abandonadas

Os máximos representantes dos dous concellos ourensáns, Ana María Villarino -por Oímbra- e Luciano Rivero -Cualedro-, asistiron no día de onte á reunión convocada polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez, no que ses lle informou de como avanzan os traballos de potenciación de 5.300 hectáreas de solo rústico en ambos os dous municipios. Segundo lle deron conta, Medio Rural acaba de iniciar a segunda das fases do proxecto de recuperación, que será o de contactar cos titulares das distintas propiedades para convidalos a dinamizalas e integralas de xeito voluntario no Banco de Terras autonómico. Xa hai varias entidades agroalimentarias interesadas neste proxecto e a intención é rematar o proceso cun arrendamento entre os propietarios e os promotores con necesidade de terras.

O director xeral explicou que a primeira fase dos traballos, que pasaba pola identificación das necesidades produtivas de diferentes axentes económicos (empresas e cooperativas) interesados na posta en produción das terras, xa está concluída. En concreto, os requerimentos céntranse na plantación de cereais, oliveiras, xirasois, viñedos e castiñeiros. A partir destas necesidades, estudáronse unhas 5.300 hectáreas de solo rústico nas que se seleccionaron unhas 2.500 parcelas en Cualedro e outras 1.050 en Oímbra. 

Esas terras, no seu momento, foron obxecto de concentracións parcelarias pero a día de hoxe están abandonadas, sen uso ou foron pasto das lapas dos recentes lumes forestais.

Te puede interesar