SOLIDARIDADE

Cuarta andaina solidaria en familia de Verín en favor do Níxer

A andaina sairá  o próximo 6 de maio ás 18,00 horas desde o Pavillón Municipal de Deportes de Verín e finalizará en Tintores

 A Escola de Familia Municipal do Concello de Verín organiza, xunto con UNICEF España, a cuarta edición da ‘Andaina Solidaria en Familia’, que terá lugar o sábado 6 de maio, ás 18,00 horas, destinada a recadar fondos para axudar na construción de pozos de auga en diferentes localidades de Níxer.

Esta iniciativa está destinada á toda a poboación en xeral e pensada para que participe toda a familia. Non hai límite de idade para a participación na andaina, podendo os/as menores completar o percorrido da mesma en carrito. A andaina sairá ás 18,00 horas desde o Pavillón Municipal de Deportes de Verín e finalizará en Tintores. 

Te puede interesar