monterrei

Os delitos baixaron en Verín un 15 % nun ano

Salón de Plenos de Verín.
photo_camera Un momento da xuntanza no Salón de Plenos de Verín.

A Xunta Local de Seguridade fixo unha comparativa entre o 2017 e o 2018

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, e o rexedor de Verín, Gerardo Seoane, presidiron este xoves unha nova reunión da Xunta Local de Seguridade no Salón de Plenos do Concello á que tamén asistiron membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, da Policía Local e de Protección Civil. 

O primeiro punto desta reunión, na que se abordaron os pormenores da situación da vila en materia de infraccións e seguridade cidadá, foi a aprobación da acta da Xunta de Seguridade Local celebrada o pasado 18 de xaneiro de 2018. Precisamente, neste último punto foron os representantes das distintas forzas e corpos locais, quenes deron conta dos informes existentes sobre esta materia. 

Tendo en consideración o balance global, os resultados foron, en xeral, positivos. Os datos que amosan as distintas estadísticas elaboradas poñen de manifesto unha tendencia á baixa na totalidade das infraccións penais en 2018, con respecto ao mesmo periodo do ano anterior. É significativa a baixada no apartado dos delitos, que pasaron de 428, en 2017, a 366, en 2018, algo que supón unha merma neste senso de preto do 15 por cento. 

Outro dos puntos importantes que se tratou tivo que ver co dispositivo de seguridade que se está a preparar para un dos eventos máis importantes do ano: o ciclo do Entroido verinés, que comezará o vindeiro 21 de febreiro, e para o que o rexedor local, Gerardo Seoane, anunciou na presentación do programa de actividades un reforzo significativo en materia de seguridade. 

Durante a reunión deste xoves na localidade verinesa, a Xunta Local acordou priorizar o eido de colaboración entre Protección Civil e Policía Local do Concello, coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Te puede interesar