TRIBUNALES

Denuncia a cinco concellos de Monterrei polas contratacións

Entende o sindicato que neses procesos se otorgou un exiguo prazo de tres días hábiles para presentar as solicitudes

A Unión Local da CIG de Verín ven de interpor sete recursos contencioso-administrativos contra outros cinco concellos da comarca de Monterrei -Laza, Oímbra, Monterrei, Cualedro e Vilardevós- por entender, como así manifestan dende a central sindical, que os recentes procedementos de contratación de persoal violaron o dereito á igualdade dos cidadáns. Entende o sindicato que neses procesos se otorgou un exiguo prazo de tres días hábiles para presentar as solicitudes, advertindo "na maioría dos casos que as bases estaban publicadas nas web dos Concellos oferentes, e sen facelo nos diarios oficiais como así regula a propia lei".

Tamén consideran dende o sindicato nacionalista que se discrimina aos solicitantes por razón de residencia e emprego e mesmo que "a entrevista persoal que se contempla non é máis que o típico arranxo para facer o encaixe pretendido e adxudicar o posto a quen se prefire". 

Te puede interesar