MONTERREI

Diego Lourenzo será o candidato das bases comarcais á alcaldía

Sen oposición foi proposto pola asemblea local de Verín, e respaldado polo consello comarcal do BNG

O actual teniente de alcalde da vila de Verín e voceiro do grupo de goberno, Diego Lourenzo Moura, será, se así resulta ratificado polo consello nacional da formación nacionalista BNG, o candidato á alcaldía de Verín nos vindeiros comicios de 2019. 

Sen oposición foi proposto pola asemblea local de Verín, e respaldado polo consello comarcal do partido. Lourenzo agradeceu o apoio "das bases da miña formación, que creo se debe ao traballo que se fixo nestes últimos anos non só na xestión municipal senón tamén de cara ás mulleres e homes deste Concello", sinalou o primeiro candidato de Verín confirmado.

Te puede interesar