MONTERREI

Dous fornos de Oímbra viron melloradas as súas cubertas

Os fornos que viron reparadas as súas cubertas están na actualidade en funcionamento

O Concello de Oímbra vén de rematar a reforma dos tellados de dous dos fornos do seu municipio, nas localidades de Espiño e Videferre. Segundo informou a súa alcaldesa, Ana María Villarino Pardo, nas dúas actuacións investíronse arredor de 12.000 euros, que consistiron na substitución das cubertas de ambas as dúas por unha nova. A inversión correu a cargo dos fondos propios municipais e a rexedora local confirmou que continuarán na liña de recuperar "o patrimonio, neste caso, colectivo que foi símbolo de convivencia entre os residentes dos determinados núcleos". 

Os fornos que viron reparadas as súas cubertas están na actualidade en funcionamento. Os veciños das dúas aldeas úsanos para celebrar algún "magosto ou nos días das festexos do lugar", di a alcaldesa.

Te puede interesar