ENTROIDO DE VERÍN

O Entroido máis que sentimento é amor

Dibujo
photo_camera Ángela e Manuel no Domingo Corredoiro.

O obxectivo da cámara da ourensá Sabela Souto disparouse en canto detectou que unha desas "fotos perfectas" acontecía: dous namorados no Domingo corredoiro de Verín

Toda historia de amor necesita os suficientes elementos para ser entendida. A de Ángela e Manuel non necesita palabras, tampouco fotografías, pero Sabela Souto (Facebook:sadesouto) inmortalizou un instante precioso durante o Domingo Corredoiro.

O bico nace dende a Praza do Cigarrón escoitando as figuras típicas de Verín ao seu paso. As chocas foron a sinfonía da imaxe romántica e demostra que o Entroido é máis que un sentimento, é amor. De Verín, en Verín e por Verín. ¿Mellor regalo? Imposible. Hai cousas de que non se poden disfrazar. O amor é unha delas.

Te puede interesar