ENTROIDO

O Entroido de Verín centrará a VI mostra de Santiago

<p></p>
photo_camera Os cigarróns desfilan polas principais rúas de Verín durante o último Entroido.

Unha comitiva participará hoxe na capital nun acto organizado por catro centros escolares

Unha comitiva composta de cigarróns, capuchóns e grupos que simularán os compadres e comadres da vila verinesa participarán este venres na capital galega na cuarta edición da Mostra do Entroido, organizada por cinco centros educativos da cidade, en colaboración con outro da Estrada.

Esta actividade, que este ano se adicará ao Entroido de Verín -na última ocasión foi ao de Ribeirao- pretende achegar aos escolares e á veciñanza as características máis destacables desta festividade senlleira.

Xerardo Dasairas Valsa, autor de "O Entroido en terras de Monterrei", será o encargado de falar sobre os antecedentes históricos e o desenvolvemento da festividade de Verín, cunha conferencia que se celebrará no salón de actos do Colexio Compostela entre as 10,00 horas e as 11 horas.

A partir desa hora, a comitiva percorrerá a rúa Raiola e, a modo de desfile, os representantes do Entroido achegaranse a outros centros da zona como Aspanaes Duques de Lugo, a Escola Infantil Raiola e o ÍES Lamas de Abade. As actividades rematarán a medio día cunha degustación de gastronomía tradicional.

Te puede interesar