eurocidade

A Eurocidade inaugura o seu programa termal

<p></p>
photo_camera Será destinado aos veciños que dispoñan do cartón de eurocidadán e que sexan maiores de 60 anos.

Nesta edición, e como novidade, os coidadores tamén serán beneficiarios

O agrupamento da Eurocidade Chaves-Verín vén de reeditar o seu programa de termalismo social en colaboración coas termas de Chaves. O compromiso de prestar especial atención aos cidadáns máis maiores é unha das máximas desta entidade transfronteiriza coa que, ademais, promocionan o envellecemento activo.

Como novidade, esta nova entrega terá en conta aos coidadores das persoas dependentes, un colectivo que, en moitas ocasións, é o grande esquecido e ao que, dende a Eurocidade, pretenden axudar para que se recupere física e psicolóxicamente do labor "inherente" ao coidado dun maior en situación de dependencia.

Dende o agrupamento advirten que os requisitos para poder participar neste programa de termalismo pasan por estar xubilado, ter máis de 60 anos de idade e ser coidador de persoas en situación de dependencia.

Tamén será imprescindible ser residente na Eurocidade Chaves-Verín ou na área de influencia do Alto Támega Transfronteirizo, que inclúe aos municipios de Oímbra, Monterrei, Cualedro, Vilardevós, Castrelo do Val, Laza, Valpaços, Montalegre, Boticas, Va Pa de Aguiar e Ribeira de Pena.

A información relativa aos diferentes tratamentos existentes e entre os que se inclúe a posibilidade de deixar de fumar, combater a obesidade ou tratar outras patoloxías; así como os pasos a seguir para inscribirse nesta convocatoria estarán dispoñibles en www.termasdechaves.com ou nos postos de turismo de Verín e Chaves.

Te puede interesar