MONTERREI

A Feira do Libro inaugura a festa do Lázaro en Verín

Este mediodía abre tamén de novo as súas portas o Museo Comarcal

As Feiras do Libro de Galicia 2018 iniciou onte en Verín un percorrido que as levará ata a fin do verán por 16 concellos das catro provincias galegas, con Sanxenxo como novidade. O concello ourensán será, durante tres días, o mellor escaparate para as sete librerías presentes, Cartabón, Papiro, Cortizas, Monterrey, AZ, Cortés e Pica-Pica, que contarán ademais cunha completa programación de actividades para atraer público de todas as idades ata a Praza da Mercé. 

"Verín marca, pois, o inicio da primavera dos libros, porque hoxe comeza a súa temporada de primavera-verán, na que sairán á rúa para presumir do que son: os mellores embaixadores da nosa cultura" afirmou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, no acto de inauguración da feira, no que estivo acompañado do presidente da Agrupación de Libreiros de Ourense, José Manuel García, o deputado de Cultura de Deputación de Ourense, Manuel Doval e a concelleira de Cultura do Concello de Verín, Emilia Somoza. 

A xornalista e escritora Elena Gallego, criada na vila, foi a pregoeira desta segunda edición da Feira do Libro de Verín na que presenta hoxe O xogo de Babel.

Intenso fin de semana

Operarios municipais mantiñan onte pola mañá unha intensa actividade para ultimar os detalles das tres mostras paralelas dos fondos permanentes do renovado Museo do Claustro Mercedario, que abre as súas portas hoxe ás 13,00 horas, tras a inauguración de Feira do libro e artesanía na Praza da Mercé con motivo da celebración na vila dun dos certames máis concorridos, as súas festas do Lázaro. No pavillón deportivo terá lugar, asemade, o certame AGRO+ Verín.n 

Te puede interesar