Literatura

A feira do libro de Verín rende homenaxe a Barbón e Chivite

<p></p>
photo_camera José Manuel García, Gerardo Seoane, María Luz Fernández e Emilia Somoza, na presentación.

Gerardo Dasairas e Bruno Rúa presentarán as súas obras sobre os dous prohomes da cultura da vila

O Concello de Verín terá unha caseta máis na que será a segunda das edicións da feira do libro da vila de Verín, incluída dentro do calendario de destinos que programa a Xunta de Galicia por 16 concellos da comunidade -este ano incorpórase Sanxenxo á lista de todos eles-. E participará con dúas edicións propias en lembraza de dous prohomes da cultura e a historia local, como o foron José García Barbón, mecenas e filántropo de Verín; e o antropólogo Xesús Taboada Chivite.

 

 

Gerardo Dasairas é o autor da primera das publicacións que recolle un amplo resumo do que foi a vida e a obra dun dos principais mecenas da vila, que Verín deixou marchar cara Vigo, cidade que na deixou a súa pegada cultural e urbanística de xeito destacado.

A segunda das obras que se poderá adquirir na caseta do Concello de Verín será a recopilación dos libros de Xesús Taboada Chivite, levada a cabo polo investigador Bruno Rúa. O rexedor municipal, que acompañou á xefa terrotorial de Educación, María Luz Fernández, xustificou a iniciativa na súa comparecencia: "Desde que entramos no goberno nos propuxemos o firme obxectivo de editar e facer accesible á poboación unha colección de obras que consideramos son de especial relevancia para o noso Concello", asegurou Gerardo Seoane.

O pregón terá lugar o vindeiro venres ás 19, 30 horas e correrá a cargo da escritora Elena Gallego, quen tamén trae ata a segunda edición do certame a súa obra O xogo de Babel. Estará amenizado pola banda de gaitas do Concello de Verín.

O resto dos días, a feira estará aberta entre as 10,30 e as 14 horas, en horario de mañá, e dende as 16,30 ás 20,30 horas, pola tarde do sábado. O domingo, pechará media hora antes.

 

Te puede interesar