exportaciones

Galicia lidera a produción de castaña no mercado estatal

A conselleira de Medio Rural pechou unha xornada de traballo sobre o sector no auditorio da vila verinense

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, clausurou onte no auditorio de Verín a xornada técnica ‘A importancia da castaña na montaña ourensá’, onde destacou que a produción deste froito amparado pola Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia aumentou excepcionalmente nos últimos anos, pasando de 5,6 toneladas no 2010 ás 241 do pasado exercicio.

Uns datos que converten a Galicia na principal produtora de castaña a nivel nacional, cun valor económico estimado superior ao medio millón de euros no ano 2016 e cunha previsión para a colleita deste ano tamén moi optimista, tanto pola cantidade como pola calidade do froito. Neste senso, a conselleira salientou o traballo que se fai desde o consello regulador para que as cifras vaian en aumento ano tras ano, coa axuda do Goberno galego que achegou nos últimos anos unha axuda de preto de 300.000 euros. A IXP Castaña de Galicia resérvase aos froitos obtidos a partir dos cultivares autóctonos galegos do castiñeiro europeo (Castanea sativa) destinados ao consumo humano e comercializados en fresco ou conxelado. Ten amparados a 143 produtores ubicados, preferentemente, na montaña lucense e na zona oriental da provincia de Ourense.

Te puede interesar