ENTROIDO VERÍN 2018

Gerardo Seoane: "O botellón produciu un efecto chamada que xa estamos controlando"


O alcalde de Verín reflexiona sobre a noite de hoxe, unha das máis populosas na vila onde a población se multiplica por dous ou tres.

O rexedor local, Gerardo Seoane.
O rexedor local, Gerardo Seoane.
Gerardo Seoane: "O botellón produciu un efecto chamada que xa estamos controlando"

O alcalde de Verín reflexiona sobre a noite de hoxe, unha das máis populosas na vila onde a población se multiplica por dous ou tres.

Hoxe poida que sexa o día máis importante do ano no que a festexos se refire na vila de Verín. Supoño que será unha grande responsabilidade saber que miles e miles de persoas se xuntan esta noite. Asusta?

Pois claro que asusta un pouco, ou asustaba, cando chegamos ó goberno e vimos o número de comas etílicos que se daban esta noite. Pero decidiuse actuar na liña de controlar. A raíz do segundo ano do noso goberno, coa colaboración do resto de Administracións, entramos en números de normalidade. Déuselle moito bombo ó aspecto botellón, que produciu unha chamada enorme entre a xente xoven que xa se está perdendo. Pero, penso que haberá máis días en Verín nos que haberá tanta xente como en Comadres.

Cal foi a fórmula?

A colaboración dos corpos de seguridade do Estado e a axuda dos nosos medios, Protección Civil e Policía Local, de xeito coordinado e ca máxima de tolerancia cero. Esa foi a fórmula. 

Tivo medo de mudar o pregón de día e resultou ser un éxito de convocatoria. Non quedará un pouco orfa hoxe Comadres?

Non, non teño ese medo. O ano pasado tivemos que vir dende San Lázaro cun cordón policial os membros da comitiva, en momentos correu risco a integridade de todos nós pola cantidade de xente que había. Eso non é festa. E logo, ninguén era quen de escoitar o pregón. Foi un éxito mudalo de data, porque lle demos a oportunidade a nenos e vellos de poder asistir a un dos momentos claves da nosa festa. Creo que se lle puxo o broche do ouro ó domingo de Corredoiro co pregón. E dende aquí quero agradecer tamén o traballo de todos os cigarróns pola exquisita organización ese día.

A pregoeira, entroideira recoñecida, dicía días atrás que o feito de que no existise unha comisión detrás do Entroido era en parte porque dende o Concello non se forzaba a que un grupo de verinenses se puxera ó frente da organización. Por que a xente non se anima a facer a mellor festa da vila?

Creo que as cousas hai que chamarlle polo seu nome. Organizar o entroido é un traballo ímprobo, que require moito tempo. E non todos teñen ese tempo para adicarlle, de xeito desinteresado e voluntario, a organización dun evento destas características. Ou se conta con voluntarios de verdade, que queiran facelo pola súa festa, ou deberemos estudiar outras fórmulas como pagar polos servizos que presten os que o organicen.