Jiménez Morán advirte que Facenda volve reter os fondos do Concello

dasda
photo_camera Jiménez Morán

O Ministerio de Facenda aprobou a retención de fondos, neste mes de xullo, ao Concello de Verín por incumprimento da obligación de comunicar a liquidación do orzamento municipal (retención prevista na Lei 2/2011 de 4 de marzo de Economía Sostible), segundo informa nun comunicado o Partido Popular de Verín. 

O portavoz popular, Juan Manuel Jiménez Morán, explica que se trata da segunda vez neste ano no que Facenda retén os fondos a Verín por non facilitar os datos orzamentarios, “o que amosa a pouca preocupación do goberno municipal con respecto á xestión económica, xa que no mes de marzo tivo lugar a primeira retención e agora vólvese a repetir, demostrando a desidia e a falta de control orzamentario do PSOE e BNG”. 

Jiménez Morán sinala que nos anos 2013 e 2014 non se pediu ningún crédito, pagouse aos provedores nun prazo de 42 días, amortizamos parte da débeda cun montante superior a un 1.200.000 euros e cumpríronse os requirimentos do Ministerio de Facenda, “mentres que agora Verín sae na prensa por ser un dos poucos concellos españois no que se reteñen os fondos”.

O PP verinense tamén critica o retraso na aprobación das  bases para acceder ás axudas de rehabilitación do casco histórico. O convenio, asegura, asinouse a finais do 2015, e debería terse aprobado a ordenanza en novembro para que aos particulares lle dera prazo a presentar proxectos e ser  subvencionados se rematan antes do 30 de outubro. 

Te puede interesar