INFRAESTRUTURAS

Licitado o equipamento para o novo centro de día de Vilardevós

O centro ofertará un total de 40 prazas de centro de día e 24 de fogar residencial

O Diario Oficial de Galicia (DOG) anunciou a licitación para contratar o subministro de equipamento e amoblamento do centro de día e mini-residencia para maiores de Vilardevós. Unha actuación que terá un orzamento de 178.303,27 euros e cun prazo de execución, de 30 días. As empresas interesadas en participar nese concurso terán 15 días naturais dende mañá para presentar as súas ofertas.

O centro de día e mini-residencia de Vilardevós supuxo un investimento total de case 1,5 millóns de euros, incluíndo estudos previos, dirección, proxectos e obra. Esta licitación é un paso adiante cara á posta en servizo desa infraestrutura ao servizo dos maiores, que está prevista para este ano 2017. As instalacións contan cunha superficie de máis de 1.327 metros cadrados e ofertarán un total de 40 prazas de centro de día e 24 de fogar residencial.

Te puede interesar