MONTERREI

Os máis novos de Oímbra finalizan a época estival

20180831220606051_result
photo_camera Fotografía de famila do grupo participante.

Dentro das moitas propostas, o grupo realizou excursións a diferentes puntos do municipio, así como unha visita ao centro de maiores, onde gozaron dunha xornada de convivencia

Os pequenos do concello de Oímbra despedíronse na xornada de onte do seu campamento de verán, que deu comezo o pasado 25 de xuño. Dende ese día, os rapaces, de 3 a 12 anos, asistiron a actividades de diverso tipo de 9,00 a 14,00 horas, de luns a venres. Ademais de oco para os xogos e as manualidades, a programación tamén incluía dous días de actividades deportivas e un día de inglés.

Dentro das moitas propostas, o grupo realizou excursións a diferentes puntos do municipio, así como unha visita ao centro de maiores, onde gozaron dunha xornada de convivio.

O campamento finalizou onte, cunha comida conxunta e coa posterior participación da Ludoteca Móbil da Deputación, que ofreceu colchonetas, tatuaxes e festa da escuma. Pais e nenos amósanse moi contentos coa proposta de conciliación familiar para os meses de verán, que este ano ampliou o seu horario, tal e como explicou Ana María Villarino, alcaldesa de Oímbra.

Te puede interesar