POLÍTICA LOCAL

En Marea constitúe un grupo político no concello de Laza

Dende a nova agrupación, "En Marea-Laza" acordaron "sumar forzas para rematar cos máis de 30 anos de goberno do Partido Popular en Laza"

A formación En Marea deu esta fin de semana un paso mais mediante a constitución dun grupo político no concello de Laza. Foi nun acto que se desenvolveu na planta baixa da Casa do Concello e que contou coa presenza do deputado de En Marea no Parlamento Galego, Davide Rodríguez. 

Dende a nova agrupación, "En Marea-Laza" acordaron "sumar forzas para rematar cos máis de 30 anos de goberno do Partido Popular en Laza" traballando "parroquia a parroquia e pobo a pobo". Nesta liña, Jorge Lorenzo, veciño de Laza e integrante da candidatura de En Marea nas pasadas eleccións á Xunta, sinalou que "o goberno local debe ser consciente da realidade dun concello que se desangra poboacionalmente". Pola súa banda, Davide Rodríguez dixo que "Feijóo ten que traballar para que o rural teña futuro". 

Te puede interesar