MEJORAS

Medio Ambiente axilizará o plan de obras de vivendas na vila de Oímbra

Así llo transmitiu a titular de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, á rexedora local, Ana Villarino

O Instituto Galego de Vivenda e Solo axilizará os trámites do Plan especial de construción de inmobles no municipio de Oímbra. Así llo transmitiu a titular de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, á rexedora local, Ana Villarino nunha reunión mantida entre ambas representantes institucionais en Santiago. 

No encontro tamén se abordou a posibilidade de colaborar nun proxecto de humanización de varias beirarrúas no núcleo rural de San Cibrao co obxectivo de facilitar o tránsito peonil en condicións de seguridade. Neste senso, a conselleira trasladará a petición á Dirección Xeral na liña de executar esta intervención con cargo aos orzamentos da Consellería no ano 2019.

Te puede interesar