FORMACIÓN

Un millar de nenos aprenden a actuar ante emerxencias

protoeduca_princesa_infantil_result
photo_camera Os máis pequenos do colexio Princesa de España aprenden manobras básicas de primeiros auxilios.

Protección Civil formou a máis de 1.200 escolares dos concellos de  Verín, Castrelo, Monterrei e Oímbra

Máis de 1.200 rapaces, con idades comprendidas entre cinco e oito anos, recibiron formación en emerxencias ao longo do pasado curso escolar 2016/2017. Nove voluntarios con formación en emerxencias impartiron un total de 65 obradoiros en once colexios de catro concellos da comarca: Verín, Castrelo do Val, Monterrei e Oímbra.

O lema desta campaña foi "Mi pasión es tu seguridad" y fue desplegada en el contexto del programa "Proteduca", que promovieron conjuntamente el Concello de Verín y la Asociación de Voluntarios de Protección Civil de Verín.

"Proteduca" naceu en 2016 como un proxecto de educación e sensibilización da cidadanía ante situacións de emerxencia. Estruturouse en tres bloques de formación, ambientado o primeiro deles nos máis pequenos e subindo o rango de idade nas dúas restantes. O obxectivo do obradoiro, segundo os seus promotores, é "formar aos nenos para que sexan capaces de aprender todo o necesario sobre as manobras e protocolos de emerxencia e, sobre todo, que sirven de vehículo de transmisión deses coñecementos aos maiores que conviven con eles".

O presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, Manuel Araújo, afirma, á hora de valorar este programa, que "é fundamental dotar á poboación das habilidades necesarias para actuar ante calquera posible situacion de crise ou emerxencia", engadindo que "cambiar as reaccións das persoas ante o xeito de actuar nunha emerxencia é tan senxelo como practicar". Nacións como Estados Unidos, Australia, Xapón ou os países nórdicos levan anos contemplando a formación en emerxencias como unha materia fundamental na educación dos seus alumnos.

No sistema educativo español non se inclúen como materia curricular este tipo de aprendizaxe. Cándida Couñago, concelleira de Tráfico, Seguridade Cidadá e Protección Civil afirma que esto "é un erro, xa que deixa á sociedade desprotexida ante situacións de crise", polo que dende o Concello e coa colaboración dos voluntarios de Verín, impulsan este tipo de compañas para brindarlle aos máis pequenos da familia a posivilidade de coñecer como actuar ante unha emerxencia.

Te puede interesar