AUGA

Monterrei prohíbe o uso de auga para fins non domésticos

Preténdese garantir a cantidade e a calidade da subministración da auga aos veciños

O Concello de Monterrei prohibiu recentemente a utilización da auga da rede pública para actividades que non sexan exclusivamente de uso domiciliario. Neste sentido non se poderá usar auga municipal para regar xardíns, encher piscinas ou lavar automóbiles. Preténdese garantir a cantidade e a calidade da subministración da auga aos veciños, segundo se informou dende o ente local.

Te puede interesar