COLOQUIO

Monteval anuncia charlas para explicar as liñas do Leader en Monterrei

O propósito é  chegar á toda a poboación do seu ámbito de influenza

A agrupación Monteval, ente encargado de xestionar os fondos europeos do plan Leader 2014-2020, vén de facer público o seu calendario de charlas co gallo de chegar á toda a poboación do seu ámbito de influenza e explicar polo miúdo cáles son os parámetros que deben respectar todos aqueles proxectos que desexen optar a financiación. 

As dúas primeiras citas están fixadas para os concellos más alonxados, A Gudiña e A Mezquita. No primeiro deles, será ás sete e media da tarde na Casa da Viúva o luns 6 de marzo. Un día máis tarde, para todos aqueles que non poideron asistir á primeira, terá lugar outra no Multiusos de A Mezquita. Esa semana completarase coas visitas a Castrelo do Val (mércores, 20 horas), Cualedro (xoves, Centro de interpretación dos castros, 20 horas) e Laza (venres, 20 horas). 

Te puede interesar