entrevista

"A música das distintas autonomías debería sonar más a nivel nacional"

señor
photo_camera O cantautor natural de Riós, Emilio Rúa.

O cantautor ourensán Emilio Rúa vén de sacar o seu oitavo álbum de estudo, "Duetos", baixo o selo de Sorte Discos e en colaboración coa Deputación de Ourense

O cantautor ourensán Emilio Rúa vén de sacar o seu oitavo álbum de estudo, "Duetos", baixo o selo de Sorte Discos e en colaboración coa Deputación de Ourense.

Trátase dunha aposta segura: versións e temas galegos cantados no noso idioma con artistas da talla de Víctor Manuel, Rozalén, ou da galega Rosa Cedrón. O álbum será presentado este venres na Cidade da Cultura, pero Emilio Rúa prepara unha data especial para Ourense. 

Que nos podemos atopar dentro do seu último disco?

É un traballo composto por 16 temas, duetos con artistas nacionais e internacionais como Pablo Milanés. A maioría son cancións miñas ou adaptacións de composicións destes autores. A temática vai dende o amor ata referencias á miña lugar de orixe, por exemplo, a canción "Extinción", que fala un pouco do despoboamento no rural, algo que sempre levo aos meus discos.  Este eido cada vez está máis desfavorecido e abandonado. 

Como levaron os artistas non galegos cantar na nosa lingua?

Todos quixeron facelo. Cantamos algunha en castelán, que tamén me apetecía. Adaptáronse moi ben. Fixemos un par de clases antes, pero todos me dixeron que se entendía perfectamente, agás un par de palabras. 

Tiña relación de amizade con todos eles?

Con algúns si, pero coa maioría non. Eu fixen unha lista coas persoas coas que me gustaría cantar, comezando por Víctor Manuel, ao que coñecín na súa xira de celebración dos seus 50 anos no mundo da música. Foi o primeiro que aceptou. 

Terá a oportunidade de cantar con eles en directo?

Si, con Victor Manuel xa cantei, precisamente, naquela xira. Cos demáis, a intención é que en cada concerto que faga e nas presentacións de Ourense e Madrid poida contar coa colaboración dalgún. En Santiago estarán Víctor Manuel, Rosa Cedrón e Vicky Gastelo. 

Ata onde lle gustaría chegar con este último traballo?

Un recoñecemento xeral vai a ser difícil, pero si que a nivel nacional debería soar máis a música das comunidades autónomas. Gustaríame chegar ata aí. É moi triste que vivamos nun país e non coñezamos nada do que hai no noso entorno. En Madrid ou en Teruel, por exemplo, penso que non saben moito sobre a música galega, e creo que a maioría da xente deste país non poñería ningunha pega polo idioma. As linguas son para falalas e para cantalas e, para min, o galego é un dos idiomas máis fermosos. Eu recibín premios nacionais de cantautores sendo un dos poucos que participaba nos certames actuando en galego. 

Cre que falla implicación por parte das administracións galegas cos artistas que empregan o noso idioma?

É importante que estean do noso lado. Eu non me queixo xa que somos moitos e por exemplo teño o apoio da Deputación e da Xunta, pero teñen que seguir aí.

Te puede interesar