AUDIOVISUAL | FORMACIÓN

Os nenos terán talleres de stop motion e edición de vídeo na FIC

A realización das devanditas actividades transcorrerá entre as 10,30 e as 13,30 da mañá dos días 7 e 9 de decembro

Trescentos alumnos de primaria, procedentes dos colexios Amaro Refojo, Princesa de España e María Inmaculada, daránse cita os días 7 e 9 de decembro no Auditorio de Verín para participar nunha serie de actividades promovidas polo Festival Internacional de Curtas (FIC) que arranca este luns. 

A realización das devanditas actividades transcorrerá entre as 10,30 e as 13,30 da mañá, tendo como obxectivo achegar aos máis pequenos ao mundo audiovisual e incentivar o seu interese polo festival de curtas e a cultura cinematográfica así como fomentar o seu espírito crítico. 

Entre as actividades programadas, os nenos máis pequenos poderán crear as súas propias animacións stop motion con figuras de plastilina, ademais de aprender a manexar programas sinxelos de edición de vídeo, no “A caixiña de mistos” dirixido por Xoán Mariño. 

Te puede interesar