O proxecto, que levaba en trámites durante dous anos, conta cun investimento que supera os 97.000 euros.
Tras dous anos de tramitación, o Concello de Verín completa o expediente de expropiación dos terreos e fai realidade o proxecto do parque de A Preguiza. Cun investimento inicial de 97.507,66 euros, este novo espazo verde terá unha superficie total de 25.452,18 m².
O proxecto constitúe a primeira das grandes áreas de lecer coas que contará a vila nos próximos anos.
Este novo parque forma parte dun novo plan especial que dotará á vila de Verín dunha nova zona verde, situada a ambas as marxes do río Támega, ocupando unha extensión total de 12 hectáreas.