ENTROIDO VERÍN

O xene dos Cigarróns

Verín. 04/02/18. Domingo de Corredoiro en Verín.
Foto: Xesús Fariñas

Non hai excusa, porque máis que unha herdanza, o espíritu dos Cigarróns corre polas veas dos verinenses. Unha tradición que os máis pequenos das familias reciben nada máis nacer, e xa están preparados para desfilar co traxe de Cigarrón cando apenas dan os seus primeiros pasos. Unha fermosa estampa que se repite cada ano e non nos cansamos de ver.

Te puede interesar